Sobre nós

Conscientes de que o futuro representa un gran reto social e medioambiental no relativo á alimentación, tras unha andaina polo mundo na que puidemos coñecer outras realidades, en maio de 2020 abrimos a primeira tenda de Lacena, comida espida en A Guarda (Pontevedra).

Con Lacena, comida espida decidimos apostar polos produtos a granel, non como un paso atrás, senón como un xeito de recuperar un modelo de consumo máis saudable e sostible.

Deste xeito, coa mirada posta no futuro pero recuperando parte do noso pasado, con Lacena, comida espida queremos ofrecer unha alternativa que nos facilite (como consumidoras) a transición cara a unha economía máis circular. Somos Daniela, Noé e cada unha das persoas – empregadas e clientas – que nos acompañades neste proxecto e estamos convencidas de que a conciencia e a demanda medioambiental da sociedade vai un paso por diante dos regulamentos comunitarios e das grandes cadeas de alimentación.

Producto engadido
Este produto xa está na lista
Removed from Wishlist