Orixe: Canadá
Grao moi pequeno semiesférico. Pel de cor negra brillante pola presenza de antocianinas e interior amarelo. Ten o maior valor proteínico de todas as lentellas (23%). Destaca tamén o seu contido en hidratos de carbono (50%) fibra (10%), potasio, fósforo, ferro e vitaminas B1 e B6. Trala cocción perde parte da cor negra pero conserva o bagazo.
Recomendacións: Pode utilizarse para calquera potaxe de legumes pero resalta o seu uso para sopas e ensaladas. Cocción durante 1 hora (ou 25 minutos a presión).