As vantaxes do Bag-in-Box

O sistema Bag-in-Box (BiB) conta con numerosas vantaxes con respecto a outros envases alternativos.  

O formato BiB para a comercialización de viño está amplamente aceptado noutros países como Suecia, EEUU, Noruega, Eslovaquia, Alemaña ou incluso en Francia onde os viños comercializados neste formato copan unha parte importante do mercado. A pesar de que o BiB é un formato moi recomendable dende o punto de vista medioambiental e de conservación do produto – especialmente viños xoves – o formato BIB aínda loita por facerse un oco no mercado do viño en España. Polas súas vantaxes esta embalaxe é cada vez máis utilizada tamén para almacenar e transportar outros produtos como o aceite que precisan chegar ao consumidor final coas características organolépticas intactas.

Máis calidade

O sistema de billa deste envase e a bolsa que se contrae a medida que o viño se baleira impide que o produto entre en contacto coa luz e o aire. Grazas a este sistema evítase que o viño se oxide conservando a cor, aroma e sabor ata seis semanas despois da apertura.

Máis económico

O deseño BiB mellora o uso do espazo e o viño ocupa o 97% do envase optimizando os costes de produción, transporte e almacenaxe. A optimización da cadea de produción repercute directamente no prezo que paga o consumidor final proporcionando unha mellor relación calidade prezo que envases alternativos.

Máis ecolóxico

O BiB está formado por unha bolsa de polietileno interior e un recubrimento protector de cartón que permite a almacenaxe de ata 20 litros de viño por envase, o que reduce considerablemente a cantidade material que precisamos para facer chegar cada litro de viño ao consumidor final e, por conseguinte, a pegada de carbono por litro de viño. Así mesmo, a optimización do espazo de envasado tradúcese tamén na optimización no transporte e almacenaxe; isto é, precisamos 40 g de envase por litro de viño transportado en BiB fronte aos 500 g de envase por litro de viño transportado en botellas de vidro.

Con todo, a redución no uso de materia prima virxe e o incremento na cantidade e materia reciclada nos envases permite reducir a pegada de carbono asociada ao proceso de fabricación do cartón, polietileno e vidro. Se a isto engadimos a reutilización dos envases conseguiremos reducir considerablemente a nosa pegada de carbono asociada a cada copa de viño. Facemos un trato? Nós traemos o viño e reciclamos a embalaxe e ti… re-utilizas a botella!

One thought on “As vantaxes do Bag-in-Box

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: