As vantaxes do Bag-in-Box

O sistema Bag-in-Box (BIB) conta con numerosas vantaxes con respecto a outros envases alternativos.  

O formato BiB para a comercialización de viño está amplamente aceptado noutros países como Suecia, EEUU, Noruega, Eslovaquia, Alemaña ou incluso en Francia onde os viños comercializados neste formato copan unha parte importante do mercado. pesar dun formato moi recomendable dende o punto de vista medioambiental e de calidade para a conservación de viños xoves, o formato BIB aínda loita por facerse un oco no mercado do viño en España. Polas súas vantaxes esta enbalaxe é cada vez máis utilizada tamén para almacenar e transportar outros produtos como o aceite que precisan chegar ao consumidor final coas características organolépticas intactas.

Máis calidade

O sistema de billa deste envase e a bolsa que se contrae a medida que o viño se baleira impide que o produto entre en contacto coa luz e o aire. Grazas a este sistema evítase que o viño se oxide conservando a cor, aroma e sabor ata seis semanas despois da apertura.

Máis económico

O deseño BiB mellora o uso do espazo e o viño ocupa o 97% do envase optimizando os costes de produción, transporte e almacenaxe. A optimización da cadea de produción repercute directamente no prezo que paga o consumidor final proporcionando unha mellor relación calidade prezo que envases alternativo.

Máis ecolóxico

O BIB está formado por unha bolsa de polietileno interior e un recubrimento protector de cartón que permite a almacenaxe de ata 20 litros de viño por envase, o que reduce considerablemente a cantidade de envase que precisamos para facer chegar cada litro de viño ao consumidor final e pegada de carbono por litro de viño. Así mesmo, a optimización do espazo de envasado tradúcese tamén na optimización no transporte e almacenaxe; i.e. 40 g de envase por litro de viño transportado en BIB fronte aos 500 g de envase por litro de viño transportado en botellas de vidro.

Con todo, a redución no uso de materia prima virxe e o incremento na cantidade e materia reciclada nos envases permite reducir a pegada de carbono asociada ao proceso de fabricación do cartón, polietileno e vidro. Se a isto engadimos a reutilización dos envases conseguiremos reducir considerablemente a nosa pegada de carbono asociada a cada copa de viño.

Facemos un trato? Nós traemos o viño e reciclamos a embalaxe e ti… re-utilizas a botella!

One thought on “As vantaxes do Bag-in-Box

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: