
Somos Dana & Noé que tras unha andaina polo mundo decidimos apostar por unha forma de consumo que deixe atrás o sobre-empaquetado dos produtos. Neste senso, a normativa europea busca reducir a presenza de plásticos dun só uso nos nosos supermercados a partir de 2021. Sen embargo, a día de hoxe, non existen alternativas reais para acadar os obxectivos propostos. Por iso, iniciamos este proxecto en A Guarda (Pontevedra) en decembro de 2019 convencidos de que a conciencia e a demanda medioambiental da sociedade vai un paso por diante dos regulamentos e das grandes cadeas de alimentación. Apostar polos produtos a granel non é un paso atrás, é recuperar un modelo de consumo máis saudable e sostible. Deste xeito, coa mirada posta no futuro pero recuperando parte do noso pasado, con Lacena queremos ofrecer unha alternativa que facilite ao consumidor a transición cara a unha economía máis circular.
Consumir a granel é moito máis que adquirir alimentos dende a consciencia, consumir a granel permítenos mercar só o que precisamos tendo acceso a unha maior variedade de alimentos a prezos competitivos. Mercar a granel permítenos reducir a xeración de residuos nun tempo no que o sobre-empaquetado dos alimentos deixou atrás á necesidade. E, mercar a granel, permítenos elixir como e que produtos consumimos. Con esta idea buscamos constantemente novos provedores que nos permitan ofrecerte un produto económico, sostible, saudable e de proximidade. Afrontamos este reto apoiando a asociacións e proxectos locais tanto no eido social como no medioambiental.
Me gusta mucho el proyecto
GústameGústame
Muchas gracias, Carmen! Pronto nos podrás visitar en la tienda! Un saludo!
GústameGústame
Realmente solo se ven los dos o tres primeros i yo por lo menos.
GústameGústame
Graciñas María, xa podes consultar tódolos prezos do catálogo.
GústameGústame
Me parece una muy buena idea de negocio y necesaria en una villa como A Guarda. Mucha suerte y espero poder pasar pronto.
GústameGústame
Graciñas José Antonio, será un pracer recibirte. Agardamos por ti!
GústameGústame
Xa era hora aver se nos mentalizamos dunha vez que todo o que está pasando hai que paralo,contade conmigo,un saludo.
GústameGústame
Será un pracer contar contigo. Moitas grazas Carmen.
GústameGústame
Enhorabuena!! Creo que es un proyecto muy bueno, deseando visitaros.
GústameLiked by 1 person
Graciñas Yoya, dentro de moi pouco poderás visitar a tenda física. Agardamos por ti!
GústameGústame
Me queda un pelín lejos, pero os deseo toda la suerte del mundo. Os va a ir genial. Un abrazo
GústameLiked by 1 person
jajajaja, muchas gracias, Iria! Espero que pronto nos puedas hacer una visita! Un abrazo enorme!
GústameGústame