O proxecto

Somos Dana & Noé que tras unha andaina polo mundo decidimos apostar por unha forma de consumo que deixe atrás o sobre-empaquetado dos produtos. Neste senso, a normativa europea busca reducir a presenza de plásticos dun só uso nos nosos supermercados a partir de 2021. Sen embargo, a día de hoxe, non existen alternativas reais para acadar os obxectivos propostos. Por iso, iniciamos este proxecto en A Guarda (Pontevedra) en decembro de 2019 convencidos de que a  conciencia e a demanda medioambiental da sociedade vai un paso por diante dos regulamentos e das grandes cadeas de alimentación. Apostar polos produtos a granel non é un paso atrás, é recuperar un modelo de consumo máis saudable e sostible. Deste xeito, coa mirada posta no futuro pero recuperando parte do noso pasado, con Lacena queremos ofrecer unha alternativa que facilite ao consumidor a transición cara a unha economía máis circular.

Consumir a granel é moito máis que adquirir alimentos dende a consciencia, consumir a granel permítenos mercar só o que precisamos tendo acceso a unha maior variedade de alimentos a prezos competitivos. Mercar a granel permítenos reducir a xeración de residuos nun tempo no que o sobre-empaquetado dos alimentos deixou atrás á necesidade. E, mercar a granel, permítenos elixir como e que produtos consumimos. Con esta idea buscamos constantemente novos provedores que nos permitan ofrecerte un produto económico, sostible, saudable e de proximidade. Afrontamos este reto apoiando a asociacións e proxectos locais tanto no eido social como no medioambiental.

12 pensamentos sobre “O proxecto

Deixa unha resposta a Carmen Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A <span>%d</span> blogueros les gusta esto: